lunes, 21 de febrero de 2022

Lingua galega

Atopa as contraccións co artigo determinado e indetermindado:

  1. Na saída da Alameda bateu cunha amiga da infancia pola que sempre sentiu un grande agarimo.
  2. Traballa cun curmán na construción da ponte do tren que pasa polo fondo da vila, 
  3. Ao sair foron á festa do seu aniversario cuns amigos de fora. 
  4. Vivían nunhas casas próximas e os dous xogaban co mesmo equipo.
  5. Faláronlle dunha película que botaban no cine da cidade.

Contraccións

Completa cun artigo determinado o, a, os ou as

  1. Quero que pintes ... garaxe antes do inverno 
  2. ... leite saía por ... ubre da vaca que estaba muxindo seu tío 
  3. Cruzaron ... ponte do Lérez e pararon a mirar ... fume que viña das fábricas.
  4. De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel.
  5. Sempre souben que ... teu irmán tiña unha arte especial para facer sobremesas.
  6. Non esquezades trare ... cartos para ... viaxe. 

Localiza os artigos e indica se son determinados ou indeterminados:

  1. Tivemos que facer unha viraxe brusca
  2. Levantóuselle unha forte dor de cabeza
  3. Houbo que lle facer unha análise
  4. Estivo un bo anaco limpando
  5. Gustaríame que me fixeses un labor
  6. Que bonitas son as botas do escaparate!
  7. Teño uns zapatos preciosos cun tacón moi alto
  8. Cris puxo a saia morada e un sombreiro do pai

Localiza as derivadas:

sobrecarga        recaer        transportar        correr

carreta               carro          laranxeira          mazá

cabaleiro           parella        barato                diñeiro

broquite             desatar      subsolo              televisión


Derivadas e primitivas

Derivadas, primitivas ou compostas 2

Derivadas, primitivas ou compostas 3

Prefixos

Prefixos 2

Sufixos

Respostas:

na, da, cunha, da, pola, cun, na, da, polo, da, ao, á, do, cuns, nunhas, co, dunha, no, da

o, o, o, a, o, o, as, o, os, a


No hay comentarios:

Publicar un comentario